Thursday 09 de May de 2024

Servizos sociais comunitarios impartirá un curso de Axuda no Fogar


O Concello de Ribeira, a través da concellería de Servizos Sociais Comunicarios, ven de publicar as bases para a selección do alumnado do Curso de Programa de Axuda no Fogar: hixiene persoal e mobilización de persoas dependentes.

“O propósito deste curso é o de proporcionar formación e cualificación laboral ás persoas usuarias dos servizos sociais para mellorar a súa empregabilidade.” explicou o concelleiro Vicente Mariño. “A profesionalización deste tipo de cuidados pode proporcionar oportunidades laborais no ámbito da atención sanitaria.”

A selección das persoas participantes farase pola orde de presentación no rexistro de entrada das solicitudes de participación, que están publicadas na páxina web do Concello. O curso realizarase os sábados 11,18, 25 de novembro e 2, 9, 16 de decembro; en horario de 09:00 a 14:00 h nas Aulas de Formación Cristobal Colón.